-
Ver datos técnicos
-
Editor:
Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
-
Distribución dixital:
Lonxa Cultural, S.L.
Despois de cinco discos publicados, chegamos a este novo traballo: o concerto que demos o 30 de xuño do 2008 no Teatro Principal de Santiago de Compostela para celebrar que cumprimos quince anos. Un traballo cuns obxectivos ben sinxelos: deixar unha gravación en vídeo dun concerto, tal e como aconteceu. Queremos que soe auténtico, e por iso evitamos a edición das pistas de audio e fixemos unha mestura analóxica, case de directo, na que ides topar variadas incidencias que son as proprias da música interpretada ao vivo e que non nos pareceu ben eliminar. Para ben e para mal, así foi como tocamos o día da gravación e así é como somos.
Agardamos que este novo disco sirva para festexar os nosos quince anos de vida e para amosar a quen queira vernos que hai un grupo en Galiza chamado Fía na Roca que fai música, ao seu xeito.