fía na roca
para visualizar correctamente este contido necesitas
Fía na roca participa no disco colectivo "37 Festival Interceltique" (Keltia Musique, 2007), onde aparece o seu tema "Outes". Neste disco aparecen os grupos máis representativos que pasaron pola 37ª edición do Festival intercéltico de Lorient.
A parte de Fia na roca aparecen tamén bandas e solistas como Sinéad O'Connor, The Dubliners, Capercaillie, Sharon Shannon ou Dan Ar Braz...
Fía na roca participa no disco colectivo "Naciones Celtas" (Fonomusic, 1997), onde aparece o seu tema "O afiador de Tella" ao lado doutras bandas de Escocia, Irlanda, Gales, Bretaña, Asturias e Galicia.
Fía na roca participa no disco colectivo "Celtic Planet" (Hearts of Space, 1997), onde aparece o seu tema "Ou sube a terra ou baixa o ceo". O disco supón a primeira incursión de Fía na roca no mercado estadounidense e nel colaboran artistas coma Anuna, Declan Masterson, Davy Spillane, etc...
Fía na roca participa nos discos colectivos "Bágoas Negras" (SGAE, 2003) e "Marea de música" (Boa, 2003), onde aparecen os seus temas "Contravento" e unha nova versión de "Ou sube a terra ou baixa o ceo" respectivamente. Os discos foron editados como consecuencia da catástrofe do petroleiro "Prestige" diante das costas galegas.
Fía na roca participa no disco colectivo "A cantar con Xabarín Vol. III e IV - Cada día somos máis" (Boa, 1996), do programa infantil da Televisión de Galicia "Xabarín Club". O tema aportado pola banda leva por título "Danza dos xabaríns" e nel colabora coa súa voz o incrible Tuchiño do famoso grupo rockeiro do barbansa "Heredeiros da Crús".