fía na roca
para visualizar correctamente este contido necesitas
Despois de tantos anos fiando, ao remate deste verán pensamos que chegara o momento de facer un alto no camiño. Levamos dezasete anos de andaina e agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender a outras iniciativas. E ainda que non temos planos para o futuro, non desbotamos a idea de voltar despois dun tempo.
Daquela, o último concerto que deamos vai ser en Glasgow-Escocia no festival Celtic Connections o vindeiro mes de xaneiro. Están ai todos os discos e esta web para que non vos esquezades de nós.
Ademais, seguiremos facendo música. Xa nos escoitaredes.
Agradecemos moito o cariño e o apoio que nos fostes achegando desde tantos lugares.
Unha aperta a todos/as e... Ata sempre!!